domingo, 24 de junio de 2012

CONTOS DE GRIMM

Abril xa está aquí e neste fermoso mes, con dúas datas salientables como O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no Colexio Fleming imos traballar os contos dos Irmáns Grimm. 
Con este LIM podedes aprender algunhas cousiñas interesantes. Clica na imaxe.

viernes, 22 de junio de 2012

Resolución do concurso dos deportes e TIC.

Finalistas e gañador do concurso "PONTE UN 10" polo que sabes dos deportes olímpicos.

 Finalistas e gañador do concurso da mascota das TIC.


jueves, 21 de junio de 2012

BRANCA DE NEVE

O alumnado de 3º B e 3ºC dirixidos por as súas titoras Olga e Pilar, poñen en escea a obra dos irmáns Grimm "Branca de neve", do conto do mesmo título da editorial Galaxia.

Resolución do concurso da mascota das TIC.

Estes son os debuxantes finalistas... 
Carlos de Pablos Alfonso 5ºD
Eva Iglesias Lorenzo 5ºB
María Alonso Castro 5ºB
Lucía Allende Pérez 4ºB
Rubén Núñez González 2ºB

Os mellores debuxos estan ao carón da sala de informática... todos eles son chulísimos!!!
A mascota gañadora.




lunes, 11 de junio de 2012

Resolución do concurso dos deportes olímpicos.

Nome do alumnado que entrega as respostas correctamente:
4º curso
• Álvaro Vallejo Bay (4ºD)
• Pablo Domínguez Santomé (4ºC)
• Gabriel Fernández Ferreiro (4ºA)

5º curso
• Sofía Silveira Franco (5ºC)
• Iria Rial Costas (5ºD)
Solucións ao formulario:


jueves, 7 de junio de 2012

Visita do alumnado de 6º ao IES do Castro.

O alumnado de 6º é recibido polo alumnado  CAS de 1º de Bacharelato que con xogos e pistas achégaos o máis destacado do instituto: profesores, instalacións...
Tamén o alumnado de 2º ESO deleitounos cunha obra de teatro lido...
Graciñas a todos pola acollida!!
 24.jpg
30.jpg

miércoles, 6 de junio de 2012

SEMANA MATEMÁTICA

Preme na imaxe e resolve problemas divertidos

martes, 5 de junio de 2012

Fai os seguintes retos visuais.

 Ves circunferencias ou espirais? Preme para comprobalo.

Son iguais os segmentos encarnados? Preme para comprobalo.

Estas imaxes son do mesmo tamaño? As liñas son rectas? Preme para comprobar.

Os segmentos encarnados e verdes pertencen á mesma recta? Preme  para comprobalo.
As liñas cerradas encarnadas forman cadrados? Preme para comprobar.
As zonas circulares de cor gris insertadas nos rectángulos gris oscuro e claro, son da mesma cor? Preme para comprobalo.
 

Debuxos en tiza...


Anamorfosis Debuxo ou pintura que ofrece unha imaxen distorsionada, confusa e deforme que tan so pode apreciarse correctamente se se observa dende un determinado ángulo.

Preme para descubrir a Julian Beever.

O dragón de papel sígueche coa mirada...

Fai as figuras coas pezas do tangram.

Preme sobre a imaxe para acceder a un xogo onde facer as figuras que ves na parte inferior da mesma, podes arrastrar ou xirar as pezas (premendo sobre os vértices) para colocalas sobre o debuxo gris. Se precisas axuda porque notas que algunha é algo complicada clica sobre o botón inferior dereito que pon pista.

Fai o teu propio tangram en papel.

Semana matemática.

Neste curso celebramos en xuño a semana matemática (o 12 de maio é o día das maemáticas).
E que mellor que ler un cómic matemático para comezar dun xeito divertido e poder aprender un chisquiño da historia das matemáticas cuns personaxes moi especiais...

lunes, 4 de junio de 2012