sábado, 28 de febrero de 2009

A ARRIBADA da PINTA


O 1º de marzo celébrase en Baiona a festa da arribada da carabela A Pinta.
Estes son os traballos que fixeron @s nos@s alumn@s.


(Preme nas imaxes para ver de cerca)

sábado, 21 de febrero de 2009

FESTA DE ENTROIDO

Con esta música tan marchosa disfrutamos o desfile de disfraces.

viernes, 20 de febrero de 2009

ENTROIDO 2009

Hoxe celebramos o Entroido no colexio.

MÁSCARAS DE ENTROIDO

A profe Rosa e os seus alumn@s de 3º B fixeron estas preciosas máscaras.




jueves, 19 de febrero de 2009

Tes información sobre o entroido?

*Coñeces a orixe da palabra "ENTROIDO"
*Podes identificar con seguridade o nome destas máscaras? Consulta e sorpréndete atopando estas e moitas máis, se premes en "traxes do entroido" ou en "máscaras do entroido"



*Observa unhas sobremesas típicas destas datas... sabes as receitas?



*Se eres desas persoas que lles gusta estar informada do que acontece nestas datas no relativo as festas, celebracións... preme no cartel da nosa cidade.

*Tes idea do carnaval que se celebra nas dúas localidades que aparecen nos outros carteis.



*Pensa a que lugares moi famosos pertencen estas nestas imaxes do carnaval.



Preme en "entroido no mundo" se queres coñecer como é esta celebración noutros lugares.

O ENTROIDO

Estamos moi ledos porque fixestes uns magnificos traballos sobre o Entroido.
Botade unha ollada.
(Si premes en abrir publicación, podes ler os artigos)




miércoles, 18 de febrero de 2009

O MECO DI...

XOVES

E para ir de troulada
pinta PENCAS na túa cara.

martes, 17 de febrero de 2009

O MECO DI...

MÉRCORES

Para sentirte o máis FERMOSO
trae moitos COLARES no teu pescozo.
(Non esquezas o sombreiro e o mandil)

lunes, 16 de febrero de 2009

O MECO DI...

MARTES

Un mandil has de levar
saibas ou non cociñar.
(Lembrade que tamén hai que levar o sombreiro)

FACER MÁSCARAS

Rafael Laso, pai da profe Rosi, amosoulles ós nen@s de 3º como se fan as máscaras do Entroido de Xinzo, as PANTALLAS.
Grazas, Rafael. Gustoulles moito.

domingo, 15 de febrero de 2009

O MECO DI...

LUNS

Sombreiro, gorro, pucho ou pano
que é o máis fashion neste ano.

Chega o Entroido

Temos a cortiza da Biblioteca chea de traballos sobre o Entroido.
Estes son algúns. Veredes que teño razón cando digo que son estupendos.
Mirade, mirade...


sábado, 14 de febrero de 2009

VAIA CONCERTO!

O xoves asistimos a un concerto de cancións en Inglés para nenos e nenas. Pasámolo moi ben con Dani Griffin, un artista xenial.
Agradecémoslle á editorial Oxford a invitación.
Aquí podedes ver o video dunha das cancións "Africa"

jueves, 5 de febrero de 2009

CONTOS

O equipo das TIC do cole pasounos esta páxina de contos interactivos para os máis pequenos da casa. Podedes escoitalos e lelos cos vosos pais. Son chulísimos.


Preme na imaxe.

martes, 3 de febrero de 2009

A MARMOTA PHIL

Conta a lenda que o 2 de febreiro as marmotas espertan da súa hibernación, e, cando saen ó aire libre, si se ve a súa sombra no chan, o inverno dura outras seis semanas .

Isto foi o que lle pasou onte á marmota máis famosa do mundo, Phil, a marmota dos Estados Unidos. Saiu e viu reflectida a súa sombra. Así que a este frío inverno aínda lle quedan seis semanas máis.

lunes, 2 de febrero de 2009

DÍA DA CANDELARIA

Hoxe celébrase a Candelaria ou festa da luz. Dicíase que era a época do casamento dos paxariños. Di un refrán que "a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa"
Estes son algúns traballos que nos achegaron.








Cando a Candeloria rí... o inverniño está por vir,
cando a Candeloria chora... o inverniño vai fora,
e se nen ri nen chora... hai inverniño por dentro e por fora."

Refrán da avoa de Almudena, 6ºD

domingo, 1 de febrero de 2009

ADIVIÑA

Candelaria a dos y San Blas a tres, adivina qué mes es.