miércoles, 26 de noviembre de 2008

A XOGAAAAAR!

Esta actividade para traballar vocabulario, en castelán, foi elaborada polo CEIP El Olivo de Mairena, de Sevilla. É apropiada para o 3º ciclo.


Anímate co rosco da "Ruleta de las palabras". (Preme na imaxe para xogar)

miércoles, 19 de noviembre de 2008

QUÉ TRABALLOS!!!


Decoraron os corredores con murais do outono e o magosto.
Pintaron castañas moi estilosas.
E fixeron traballos estupendos sobre a CASTAÑA.


TEMPO DE CASTAÑAS

Hoxe, os do Terceiro ciclo foron ó Parque Forestal de Saiáns. O día estaba espléndido e as castañas moi boas.

Tamén o pasaron de maravilla.
Estas son algunhas das fotos que fixemos.






sábado, 15 de noviembre de 2008

CHEGOU O MAGOSTO

Todos os nenos e nenas do primeiro Ciclo, cos seus profes, celebraron o Magosto. Tiñan pensado ir ó monte, pero choveu, e tiveron que quedarse no patio do cole.

Pasárono moi ben e as castañas estaban boísimas.

Mirade cómo disfrutaron.

sábado, 8 de noviembre de 2008

A NOSA TERRA FEITICEIRA

Xa se vai notando que os nosos alumnos e alumnas están a traballar no proxecto "A nosa terra feiticeira".

Botade unha ollada.


De Andrea Amoedo, 2ºC


De María Castaños , 3ºB


De Eva Iglesias, 2ºC

Grazas polos vosos traballos. Son estupendos.


viernes, 7 de noviembre de 2008

Magosto tamén no colexio

Nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martiño), adóitase celebrar a festa do Magosto, onde non faltan as castañas asadas no lume, os chourizos, a empanada..
CANTIGAS POPULARES

Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto;
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.


Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas meniñas
catro castañas asadas.


As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara
para min son dous feitizos.
...
San Martiño de Ourense,
bota as castañas embaixo,
pero bótaas ben grandiñas
que ás pequenas non me abaixo.


Moza que estás no canizo,
bota castañas embaixo,
que anque non teño mandil
apáñochas co refaixo.
...

miércoles, 5 de noviembre de 2008

HOXE, POESÍA

O PASPALLÁS E O SOL

Díxome o paspallás

cando pasei o río

que non saía o sol

por mor de que vai frío.


Eu mandeille un abrigo

de cunchiñas do mar

para que se acochase

e saíse a pasear.


E o sol saiu tan forte

que o paspallás voou

e entre moitas folliñas

co medo se agochou.


(Preme no libro e na palabra "paspallás" para saber máis)

domingo, 2 de noviembre de 2008

Todo un universo... por ler

Xiralibro quere facervos partícipes das actividades que van ir aparecendo na biblioteca segundo os distintos temas e celebracións... ou sobre o noso tema estrela "A nosa Terra feiticeira", que podedes realizar nesa hora que baixades á semana.

Actividades pensadas para nenos e nenas que lles gusta divertirse cos libros, que o pasan ben coa lectura, que son capaces de atopar información e facerse preguntas, que lles gusta ler palabras, imaxes, sons... en definitiva, son quen de coñecer todo un universo, viaxando coa imaxinación desde a biblioteca.

Actividades para pensar, e respostar oralmente... sobre os seguintes libros:





Sóanvos non?...
Representadas o xoves 30 de outubro.

sábado, 1 de noviembre de 2008

Refrán

De Javier da Silva, de 5ºC

"Por tódolos Santos, a neve nos altos"